O Concello de Melide vén de presentar a 33 edición da Festa do melindre e repostaría tradcional que se celebrará os días 10 e 11 de maio.
«Como non podía ser doutro xeito , os melindres, ricos e amendoados serán os protagonistas absolutos destas xornadas pero non os únicos, dado que a música tradicional e os obradoiros para crianzas tamén terán o seu oco», destacou o alcalde da vila.
A maiores, José Manuel Peréz anunciou que o pregoeiro desta edición será Edu Lavndeira, director e creativo audiovisual, apaixonado da gastronomía e con raíces en Melide.Tamén anunciou o nome dos embaixadores e embaixadoras que serán a Casa de Galicia en Santurzi e a alcaldesa deste municipio Karmele Tubilla.
Ademáis,Alberto Rodríguez , presidente da asociación Melide Terra Doce, destacou que para os melindreiros e melindreiras » é un pracer que unha das festas emblemáticas de Melide sexa a dos doces que se fan nos nosos obradoiros.Temos a responsabilidade de conservar esta tradición».
Logo tomou a palabra o concelleiro da área económica, Xosé Igrexas, que presentou as accións de promoción e difusión da Festa do melindre e respotaría tradicional en centroos de formación e na hostelería local.Ademáis presentou detalladamente a programación para os días 10 e 11 de maio . Algunhas das actividades serán: acto de irmandade con Santurzi, obradoiro interxeracional de exaltación dos doces da Terra de Melide, concertos como o De Ninghures ou Grupo Korrontzi .
O alcalde convida a veciñanza e visitantes a vir celebrar a festa máis doce de Galicia o 10 e 11 de maio en Melide.