O Subinspector de Tráfico da Coruña recibiron a solicitude da ONG Rescate, para instruír nas normas de circulación en bicicletas e na función de peóns, ás persoas as que ofrece cobertura institucional.
Nas dependencias do Mosteiro de Sobrado, os formadores do Subinspector de Tráfico e Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, impartiron charlas a un grupo de inmigrantes que convive no municipio, considerando unha cuestión trascendente o coñecemento das normas de circulación como actividade cotiá.
A Xefatura provincial despregou un circuíto de seguridade viaria, no cal, a modo de práctica, persoas de nacionalidades como Senegal, Marrocos ou Mauritania, puideron verificar as normas viarias que deben atender e que lles amparan a modo de peóns e condutores de bicicletas.
Esta práctica enmárcase dentro das numerosas colaboracións que tanto a Xefatura Provincial de Tráfico, como o Subinspector de Tráfico da Coruña, realizan no ámbito da comunidade escolar, de centros de persoas maiores e outras institucións que o demandan, permitindo con isto que a seguridade viaria chegue, neste caso, a 65 migrantes.