Aberto o prazo para solicitar as axudas do Programa de Comercio Circular da Xunta de Galicia.
As liñas destas subvencións son: programa Eco-pak, programa Avanza textil e Re – Circular.
No primeiro caso, no Eco-Pak, as persoas beneficiarias desta axuda poden ser persoas autónomas e pemes comerciais, obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro. No Avanza textil, poderanse beneficiar persoas autónomas e pemes con 10 empregados ou menos. E, no Re – Circular, autónomos e pemes, nesta ocasión, de como máximo 20 empregados.
As accións subvencionables no programa Eco-pak serán: caixas e sobres de cartón ou papel 100% reciclado, recheos vetais e proteccións acolchadas tamén de papel recilado, bolsas de tea de algodón liño ou cábano 100% e papel vexetal. Os investimentos máximos varían dependendo da entidade ou persoa beneficiaria, no caso dos autónomos e pemes será de 3.000 euros (IVE excluído) e no das asociacións de comerciantes oscilarán entre os 7.700 aos 13.300 euros.
O programa Avanza textil inclúe: participación en cursos de formación ou obradoiros de confección textil, adquisición de maquinaria de destrución textil, organización e participación en tendas efémeras e adquisición de maquinaria e ferramenta de corte e confección. Os investimentos máximos varían de 1.200 a 6.000 euros.
O programa Re – Circular ten dentro das súas accións subvencionables a adquisición de meterias primas e/ou tecidos téxtiles sostibles e a de accesorios ou fornituras de orixe 100% reciclado ou de composición orgánica. O investimento máximo é de 10.000 euros.
Todas as liñas do Programa de Comercio Circular teñen como cuantía máxima o 80% dos investimentos subvencionables. O IVE non será subvencionado en ningún caso.
O prazo para solicitar estas axudas económicas remata o venres, 13 de setembro.