1. Entidade organizadora: ASETEM – CCA
  2. Participantes: participan todos os establecementos que vendan artigos relacionados coa volta á escola dos cativos e cativas. Por exemplo: zapaterías con calzado infantil, librerías e papelerías, mercerías, tendas de roupa para idades escolares, etc. Os consumidores que poderán participar serán aqueles que gasten máis de 60 euros nos comercios asociados entre o 2 e o 26 de setembro.
  3. Duración e dinámica da actividade: esta iniciativa desenvolverase durante os días 2 e 26 de setembro nos comercios asociados a ASETEM que comercializan con produtos para a volta aos centros educativos. Os usuarios e usuarias deben gardar os tíckets para acumular un importe de mínimo 60 euros en artigos relacionados co regreso ás clases (pode ser nun ou en varios tíckets e de diferentes establecementos). As persoas que acumulen tíckets por valor de 60 euros poderán escoller entre un xogo de xadrez ou un paraugas infantil, por outro lado, as persoas con tícket por valor de 100 euros ou máis recibirán unha entrada para a festa infantil (que se celebrará o venres 27 de setembro) + vale de compra por valor de 6 ou 10 euros (dependendo de se a familia é ou non numerosa, no caso de ser familia numerosa deberá acreditalo co libro de familia ou tarxeta de familia numerosa) + a escolmar entre o paraugas ou o xogo de xadrez. As entradas para a festa e máis os paraugas e xadreces entregaranse ata fin de existencias ou límite de aforo para a festa. Para recibir estes agasallos é preciso acudir á sede da Asociación (situada na rúa Lino Sexto, 7 – Melide) en horario de mañá. Só se poderá recibir un vale por familia.
  4. Período de participación para conseguir o vale: entre o 2 e o 26 de setembro as familias que acudan á sede de ASETEM cos tíckets por valor de 60 euros ou máis recibirán estes agasallos, dependendo do importe.
  5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.