AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTONOMO (convocatoria 2024).

  • Liña 1: axuda para o inicio da actividade e mantemento do emprego como traballadora autónoma.
  • Liña 2: axuda para sufragar os gastos de mantemento da actividade por conta propia.

Beneficiarios e requisitos: as persoas que causen alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou mutualidade de colexio profesional, entre o 30/09/2023 e o 29/09/2024, que cumpran os seguintes requisitos, entre outros:
a) Liña 1:
.- Estar desempregados e inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego.
.- Ter iniciada a actividade no momento de presentación da solicitude e non haber estado de alta como traballador autónomo nos 3 anos anteriores á data de publicación desta subvención (dende o 09/01/2021).
.- Desenvolver unha actividade económica en Galicia.
b) Liña 2:
.- Ser persoa autónoma beneficiaria da tarifa plana da Seguridade Social, regulada no punto 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo, no momento da presentación da solicitude.
.- Estar desempregados e inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego.
.- Desenvolver unha actividade económica en Galicia.
As persoas traballadoras autónomas poderán ser beneficiarias desta subvención cando formen parte de comunidades de ben, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación.

Contía:
a) Liña 1:
.- 2.000 euros, no caso de desempregados en xeral.
.- 4.000 euros, no caso de desempregados pertencentes a estes colectivos:
Menores de 30 anos.
 Desempregados de longa duración
 Desempregados con discapacidade ou en situación de dependencia.
 Desempregados en situación ou risco de exclusión social
 Desempregados emigrantes retornados ou persoa estranxeira.
 Desempregados maiores de 52 anos.

A contía base correspondente incrementarase nun 15%: persoa solicitante sexa muller, no caso de que o centro de traballo se atope nun concello rural, maiores de 45 anos, persoas trans, profesións nos que a muller estea subrepresentada. Estes incrementos son acumulables entre si, ata a contía máxima de 7.000 euros de subvención.

b) Liña 2:
Axuda equivalente á contía da cota reducida (tarifa plana) regulada no punto 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo, multiplicada por 12; sempre que o beneficiario se acolla á citada redución. Aproximadamente unha cantidade de 1.020 euros.

Prazo de solicitude: dende o 16/01/2024 ata o 30/09/2024, ou esgotamento de crédito previo.

Obrigas: manter a alta no RETA ou similar por un tempo mínimo de 2 anos e manter a forma xurídica durante 1 ano.