(DOG 9, do 12 de xaneiro de 2024)

ADHESIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS
PRAZO: Ata o 30/06/2024
PROCEDEMENTO DE ADHESIÓN: poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica e empresarios individuais, con establecementos comerciais dedicados de forma total ou parcial á venda de electrodomésticos, cuxa actividade se enmarque nunha ou varias das seguintes epígrafes de IAE: 653.2; 661.1; 661.2; 662.1 e 662.2.
As entidades colaboradoras realizarán a comprobación dos requisitos dos solicitantes da axuda, realizarán ante o INEGA a tramitación e xustificación da axuda e realizarán o desconto directo da axuda na factura da actuación de xeito que o beneficiario non chegue a realizar o desembolso.
Posteriormente, unha vez que se dite resolución de concesión e pagamento da axuda, o INEGA aboará á entidade colaboradora adherida o importe correspondente na conta bancaria facilitada pola mesma.

BENEFICIARIOS: Persoas físicas que adquiran, mediante entidades colaboradoras adheridas, renoven electrodomésticos por outros das tipoloxías e clasificacións seguintes:
.- Frigorífico e frigorífico-conxelador, con clasificación enerxética A, B, C ou D.
.- Conxelador, con clasificación enerxética A, B, C ou D.
.- Lavadora e lavasecadoras A ou B.
.- Lavalouzas A, B ou C.
.- Placas de inducción total.
Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado para o seu tratamento.
CONTÍA: Ata 450 euros, segundo o tipo de electrodoméstico e o tipo de consumidor beneficiario.

Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario.
As persoas beneficiarias de edicións anteriores non poderán repetir a mesma tipoloxía de electrodoméstico subvencionado con posterioridade ao 01/01/2020.
PRAZO DE SOLICITUDE: Dende o 08/02/2024 ás 9:00 horas ata o 30/09/2024 ou esgotamento de crédito previo.