No Polo de Emprendemento atoparás unha rede de profesionais que traballa para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento que teñan unha vinculación coa súa contorna e na que atoparás:

  • Acompañamento e asesoramento continuado.
  • Unha metodoloxía común validada e adaptada a cada proxecto.
  • Titorización con profesionais de primeiro nivel.

Este servizo está dirixido a: persoas que teñan unha idea de negocio pero aínda non comezaran o proxecto, traballadores que xa teñen a súa iniciativa en marcha pero queren mellorala ou para persoas que pensen que emprender podería ser unh alternativa para o seu futuro laboral.

Outro dos obxectivos do Polo de Empremento é crear unha bolsa de negocios que non teñan relevo xeracional para que futuro emprendedores interesados non teñan que comezar de cero.

O polo de Emprendemento de Melide está situado na Rúa do Convento, 1 e podes contactar con eles de xeito presencial, telefónico (601 53 06 27) ou a través do correo electrónico: terrasdesantiago@polosdemeprendemento.gal. Estas oficinas dan servizo a persoas de 25 concellos que son: Sobrado, Toques, Santiso, Melide, Arzúa, O Pino, Boimorto, Touro, Val do Dubra, Ames, Boqueixón, Santiago, Teo, Vedra, Brión, Cerceda, Ordes, Mesía, Frades, Oroso, Tordoia, Trazo, Rois, Padrón e Dozón.