Melide celebra este venres a súa ‘Noite Aberta do Comercio Local’

Melide, 15 de xuño de 2023. A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide celebra mañá a súa tradicional ‘Noite Aberta do Comercio Local’, unha iniciativa que se realiza antes das habituais rebaixas do verán para impulsar as compras nos establecementos de proximidade a uns prezos irresistibles.

Este venres, 16 de xuño, as tendas participantes na ‘Noite Aberta do Comercio Local’ estarán abertas dende as 17:00 horas e ata as 22:00 horas con grandes descontos e oportunidades para a clientela. Cos tíckets das compras desa mesma tarde, a partir das 19:00 horas os usuarios e usuarias poderán intercambialos por unha papeleta para o sorteo presencial de diversos agasallos que se celebrará as 22:30 horas no Cantón de San Roque e coa posterior actuación da disco “A Gramola”.

A maiores, como actividades complementarias a partir das 17:30 horas haberá obradoiros infantís con monitores no Cantón de San Roque para poder deixar as crianzas mentres os maiores realizan as súas compras nas tendas e haberá unha agrupación de música tradicional animando a xente nas rúas melidás.

Os comercio locais participantes son: Electrosan, Goalkers Melide, Calzados Broz, Toysmaniatic, Óptica Tábora, Mis Mejores Labores, Colorín Colorado, Romero Zapaterías, Pro Diva, Marvi, Xanela Ocio e Animación, Mercería Isabel, Melimática, Sport Moda, Creaciones MJ, Flor de Toxo, Pasarela Moda, Sakho, Muxica, Leiva Motosport e Magnin.