AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA, CONVOCATORIA 2023
DOG. 95, DO 22/05/2023

BENEFICIARIOS
Persoas traballadoras de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, membros de sociedades mercantís, laborais, civís e comunidades de bens, a título individual.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
.- BONO AUTÓNOMO CONCILIA I
É subvencionable a contratación realizada con unha persoa desempregada, de duración mínima 6 meses, tras o descanso de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento (é dicir, no período máximo dun ano dende o remate destes períodos), para apoio na actividade económica da empresa ou persoa autónoma.
O contrato debe ser realizado entre o 01/10/2022 e o 29/09/2023, en calquera modalidade de contratación.
Contía: 500€/ mes, máximo 12 meses de contratación. Importe máximo a percibir 6.000 euros. No caso de contratacións a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo de traballo.
.- BONO AUTÓNOMO CONCILIA II
Será subvencionable a contratación dunha persoa desempregada para o coidado de menores (12 ou menos anos) e/ou maiores (70 ou máis anos) e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.
Contratos encadrados no réxime de fogar.
Contrato de unha duración mínima de 6 meses, celebrado entre o 01/10/2022 e o 29/09/2023.
Contía: 500 euros/mes cun máximo de doce meses de contratación. Importe máximo a percibir, 6.000 euros, ou proporción no caso de xornada a tempo parcial.
.- BONO AUTÓNOMO CONCILIA III
Será subvencionable o 75% do custo do centro ou servizo de coidado de menores, maiores ou persoas con discapacidade, ata un máximo de 3.000 euros, realizados entre o 01/10/2022 e o 29/09/2023.
Serán compatibles entre si os bono autónomo Concilia I, Concilia II e Concilia III.

Prazo de solicitude: Ata o 29/09/2023