Aberto o prazo de matrícula para os cursos en liña da Federación Galega de Comercio.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Comercio puxeron en marcha un convenio de colaboración para realizar unha serie de accións formativas, co obxectivo de impulsar as aspiracións de promoción profesional dos galegos e galegas, mellorando as súas competencias e habilidades para dar resposta ás necesidades actuais do mercado laboral.
Os cursos ofertados son: analítica web e plan de márketing dixital (50 horas), atención ao cliente e calidade do servizo (30), ciberseguridade persoal e laboral (40), comercio electrónico (40), community manager (50), como elaborar un plan de márketing dixital (50), contabilidade (50), especialista en e-commerce (50), ferramentas tecnolóxicas ao servizo da xestión comercial de clientes (60), habilidades comerciais (60), habilidades directivas e xestión de equipos (60), inglés empresarial (60), inglés nivel A2.2 -desenvolto por Oxford University Press- (50), márketing en liña: deseño e promoción de sitios web (30), mellora de xestión de stocks e beneficios no comercio (50), ofimática: aplicacións informáticas de xestión (50), optimización comercial no pequeno comercio (35), posicionamento en buscadores (50), posicionamento web SEO/SEM (60), promocións comerciais no punto de venda (40), redes sociais (30), tenda virtual: prestashop (60), xestión sostible dos residuos (50) e xestión e control de compras e stock (30).