O goberno autonómico lanza o cuarto plan de rescate destinado a persoas traballadoras autónomos e empresas afectadas na súa actividade pola crise sanitaria da COVID-19, que poderán solicitarse ata o vindeiro 29 de novembro.
Esta nova convocatoria é necesario realizala, xa que quedaron 134,4 millóns de euros por executar do terceiro plan de rescate no que só se recibiron 5.912 solicitudes, o que supón o 42% dos fondos previstos para dita liña de subvención.
Dende a Xunta de Galicia alegan como motivo do mal funcionamento do terceiro plan de rescate as condicións “ríxidas e restritivas impostas polo Real Decreto Lei 5/2021, co que o goberno central regulou as axudas, especialmente pola obriga de destinar as mesmas ao abonamento de débedas”. Para esta nova liña de subvención o Goberno de España realizou algunhas modificacións, unha delas é o feito de que se poidan destinar os cartos para compensar custos fixos non cubertos nos que se incorreu entre o 1 de marzo do 2020 ata o 30 de setembro de 2021.
Os requisitos para ser unha persoa beneficiaria por esta liña de axudas son os mesmos que nas anteriores edicións; polo que serán beneficiarias todas as traballadoras autónomas que tributen por módulos, que recibirán un máximo de 3.000 euros; así como o resto de traballadores ou empresas que tiverán unha caída de volume de máis do 30% no ano 2020 con respecto ao 2021, recibirán un mínimo de 4.000 euros.