A campaña dos Días Azuis volve traer a sorte á nosa vila, xa que por segundo ano consecutivo, un dos premios desta iniciativa da Federación Galega de Comercio caeu en Melide.
Unha veciña melidense gañou unha das dez tarxetas moedeiro, cargada cada unha con 150 euros para gastar no comercio local, grazas a unha compra realizada no establecemento ‘El Dándolo’. A premiada xa recibiu unha chamada de ASETEM – CCA para notificarlle a nova e nos vindeiros días realizarase a entrega da tarxeta moedeiro.
Esta é unha boa noticia para o comercio de proximidade da vila, xa que os cartos da tarxeta moedeiro vanse gastar nos establecementos melidenses participantes na campaña.
A Federación Galega de Comercio realizará unha segunda edición da iniciativa durante este ano, aínda que polo momento se descoñecen as datas da súa celebración.