O Concello de Melide, a través da Concellaría de Política Social, pon en marcha o servizo de Xantar na Casa. Unha iniciativa social de atención nutricional que está dirixido a persoas maiores e ao colectivo de persoas en situación de dependencia.
Os obxectivos principais deste programa son: proporcionar ás persoas beneficiarias unha alimentación de calidade e nutritiva, atendendo cada caso de maneira individualizada, personalizada e profesional; evitar a deterioración da calidade de vida das persoas beneficiarias, por ter unha dieta inadecuada e previr situacións de risco que se poidan producir no proceso de preparación e elaboración da comida; e por último, este servizo tamén pretende facilitar un respiro ás familias e aos coidadores, e impulsar unha serie de medidas de apoio á conciliación da vida familiar e laboral, facendo un seguimento personalizado de cada situación por parte dos profesionais que interveñen no servizo.

Para todas aquelas persoas que vivan no concello de Melide e queiran participar no Xantar na casa teñen que poñerse en contacto cos servizos sociais melidenses no teléfono 981 50 57 06 para realizar a súa tramitación.