Responsables de diferentes establecementos de Melide que se integraron na plataforma de venda online Zaska! recibiron, en diferentes xornadas, asesoramento e formación para o manexo desta aplicación. Foi no salón de actos de Asetem-CCA e coas explicacións dunha técnico onde practicaron aspectos como a descarga da app Zaska!, a configuración da conta como manager e usuario, ou a suba de produtos e artigos á plataforma.