Rematado o prazo para que aparecesen os afortunados ou afortunadas no sorteo de Nadal de Asetem Centro Comercial Aberto, comerciantes e premiados pasaron polas oficinas da entidade para oficializar a entrega dos vales de compra. Foi este luns día 3 de febreiro cando de mans de cada un dos responsables das tendas e comercios nos que recaeron os premios, e da xerente de Asetem-CCA, Pilar López, un por un foron recollendo o seu premio. Nesta vixésimo primeira edición repartíronse un total de 6.200 euros aínda que finalmente quedaron dous premios desertos: o maior deles, de 2.000 euros (cuxo número principal se repartiu en Laia Zapateiros e o reserva en Parafarmacia O Cantón), e outro de 500 euros (con número principal en Supermercados Gómez-Covirán e reserva en xoiería Oro Ley). Como curiosidade destacar tamén que pese a non aparecer o número titular dun premio de 1.000 euros (repartido en Librería Victorio), si apareceu o seu reserva entregado en xoiería Oro Ley. Os afortunados contan cun prazo de 15 días dende a recepción do premio para gastar os seus vales e deberán facelo no comercio de Melide.

Estes foron os premiados