O vindeiro mércores día 20 de novembro, ás 20.30 horas, o salón de actos da Asociación de Empresarios Terra de Melide – CCA acollerá unha xornada informativa sobre Dixitalización e Transformación Dixital, na que se aboradarán aspectos como a dixitalización, ferramentas dixitais, e-tícket, e outros temas de interese relacionados con este ámbito. A xornada, organizada pola Federación Galega de Comercio, está aberta tanto a socios como non socios de Asetem.

A Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, permite aos comercios e aos seus clientes substituír o tícket tradicional impreso en papel por un sistema dixital, moderno, eficaz e fiable.

Para os clientes/comercios, supón coñecer o estado e garantía das súas compras/vendas, evitando os inconvintes do tícket tradicional fronte a súa perda ou deterioración, ademais de minimizar o uso do papel e contaminantes vinculados á impresión.

Esta nova fórmula de entregar os tíckets de compra será analizada polo miúdo durante a xornada, polo que dende Asetem-CCA animan a todos os socios a participar na mesma.