PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN NA EMPRESA ORDINARIA (DOG 24, DO 02/02/2018)

Tipos de axuda:

.- Bono de contratación. Contratacións indefinidas iniciais e contratacións temporais cunha duración mínima de doce meses realizadas con desempregados de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social, ou con persoas procedentes dun centro especial de emprego, que se formalicen dende o 01/10/2017 ata o 15/10/2018.

Contía dos incentivos: dende 4.000 euros ata 8.000, segundo o colectivo ao que se pertenza o traballador.

Obrigas, entre outras: manter a contratación durante un ano.

.- Bono de formación, das persoas contratadas ao abeiro desta axuda, que se realice nos tres primeiros meses de contratación, cunha duración mínima de 50 horas en contidos relacionados co posto de traballo.

Contía: 1.000 euros por persoa contratada que reciba a formación.

Entidades beneficiarias: Autónomos e empresas, calquera que sexa a forma xurídica, sociedades civís e comunidades de bens.

Prazo de solicitude do bono de contratación: 1 mes dende a data de formalización do contrato, máximo ata o 15/10/2018.