No ano 2012 Asetem e Hardgalicia, empresa  distribuidora para Melide e comarca dos  servizos da compañía “R”, asinaron un convenio con condicións vantaxosas para os socios da patronal en materia de telefonía e acceso a internet.

Catro anos despois dito acordo acaba de ser actualizado co obxectivo de incorporar algunhas melloras. As máis destacables teñen que ver coas tarifas que se ofrecen para novos clientes, en concreto no denominado “Combo 150 negocios”, pensado especificamente para comercios e pequenas empresas.

Este servizo inclúe ADSL 150 megas, liña móbil con chamadas ilimitadas, 3 GB e datos ilimitados con wificlientes R. Tamén liña fixa con tarifa plana a fixos, chamadas ilimitadas a móbiles R e 1.000 minutos a outros móbiles.

Os establecementos de Asetem que se fagan clientes de R e contraten dito combo  poderán beneficiarse dunha promoción de tres meses con factura cero euros, polo que a media do primeiro ano será só de  45,74 €/ mes. Para os negocios que non formen parte da patronal melidense a promoción só inclúe dúas facturas sen cargo. Xa que logo, no seu caso a media mensual ascenderá a 50,41 euros.

Por outra banda, os socios de Asetem que se se fagan clientes de “R” terán 18 meses de promoción se contratan o “Combo Oficina”, 6 meses máis dos que se lle ofrecen a un novo cliente convencional.

Todas estas ofertas, xunto con outras que se incluíron no convenio destinadas a negocios que xa son clientes, poden consultarse na tenda de “R” en Melide.