– Obriga de declarar polo I.R.P.F.: persoas físicas con residencia habitual en España, coas rendas que se sinalan:

  1. a) Rendementos íntegros do traballo cos seguintes límites:

1.- 22.000€ anuais, se proceden dun único pagador ou de varios pagadores cando:

– A suma das percepcións do segundo e restantes pagadores non superen en conxunto 1.500€ anuais.

– Os únicos rendementos do traballo consistan en pensións da Seguridade Social e demais prestacións pasivas e que a determinación do tipo de retención aplicable se realizase segundo a normativa.

2.- 12.000€ anuais cando:

– Procedan de máis dun pagador e o segundo e restantes pagadores superen os 1.500€ anuais.

– Se percibiron pensións compensatorias do cónxuxe ou anualidades por alimentos, salvo que procedan dos pais por decisión xudicial.

– Se o pagador dos rendementos non está obrigado a reter.

– Se perciben rendementos íntegros do traballo suxeitos a tipo fixo de retención.

  1. b) Rendementos íntegros do capital mobiliario e ganancias patrimoniais suxeitas a retención ou ingreso a conta cando superen os 1.600€ anuais.
  2. c) Rendas inmobiliarias imputadas que procedan da titularidade de inmobles, rendementos íntegros de letras do tesouro e subvencións para a adquisición de vivenda de protección oficial co límite de 1.000€ anuais.

 

– Non terán obriga de declarar: Os contribuíntes que obteñan exclusivamente rendementos do traballo, do capital mobiliario e inmobiliario, de actividades económicas, así como de ganancias patrimoniais, suxeitas ou non a retención, cando a suma de todos eles non supere 1.000 € anuais e perdas patrimoniais inferiores a 500 €.

 

– Deberase presentar a declaración no caso de contribuíntes que queiran exercitar o dereito de:

-Dedución por inversión en vivenda habitual (réxime transitorio)

-Dedución por dobre imposición internacional

-Redución por aportacións ós distintos sistemas de previsión social (plans de pensións)

 

– Será necesario presentar declaración para obter devolucións por razón:

 

  • De retencións, ingresos a conta e pagos fraccionados do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
  • Da dedución por maternidade.
  • Das deducións por familia numerosa ou persoas con discapacidade a cargo.

 

PRAZOS:

06 de Abril de 2016: inicio de servicios telemáticos do borrador, confirmación e presentación de rendas vía electrónica

10 de Maio de 2016: inicio de presentación de rendas por outras vías (banco e presencial en facenda)

25 de Xuño de 2016: último día para domiciliar rendas con resultado a ingresar

30 de Xuño de 2016: último día de campaña de renda, e por tanto, último día para poder presentar declaracións.

Cando a declaración saia con resultado a ingresar poderase fraccionar en dous prazos: o 60% da cota  ingresarase como data límite o 30 de Xuño e o 40% restante o 7 de novembro de 2016.

 

NOTAS DE INTERESE:

  • As prestacións por desemprego decláranse a Facenda. Igual sucede con moitas axudas estatais e autonómicas (Plan PIVE, axuda a adquisición ou melloras de vivendas, axudas para adquisición de material escolar, axuda para fomento de emprego e autoemprego, …)
  • Quedan libres de impostos as pensións por incapacidade permanente absoluta e gran invalidez e as prestacións por desemprego en pago único.

 

  • A redución por mantemento ou creación de emprego, desaparece para este exercicio.

 

  • Suprímese a dedución por aluguer de vivenda habitual e establecese un réxime transitorio que permite seguir desfrutando desta dedución a contribuíntes que tivesen un contrato de arrendamento anterior ao 1 de xaneiro de 2015 e xa deducisen polo citado contrato de aluguer en exercicios anteriores.

 

  • Existe unha dedución de aluguer vixente na comunidade galega sempre e cando se cumpran os seguintes requisitos:
    • Ser menor de 35 anos
    • Contrato de aluguer posterior ao 1 de xaneiro de 2003
    • A fianza debe estar depositada no Instituto Galego de Vivenda e Solo
    • A base impoñible do período será menor a 22.000 euros antes da aplicación das reducións por mínimo persoal ou familiar.

 

  • Segundo as obrigas de declarar que se recollen na normativa vixente, existiría obriga de declarar as pensións percibidas de estados estranxeiros por residentes en España nos seguintes casos:

 

  • Se do país estranxeiro se percibe unha pensión pequena (menor a 1500 euros ao ano) os límites de declarar son os 22.000 euros xerais.

 

  • Se do país estranxeiro se percibe unha pensión maior de 1500 euros anuais e tamén se percibe outra aquí maior de 1500 euros anuais, o límite de declarar serían 12.000 euros por ter rendementos de máis de un pagador.

 

  • Se só se recibe unha pensión do estranxeiro sen recibir ningunha en España o límite tamén serían 12.000 euros por ser estes rendementos satisfeitos por un pagador que non ten obriga de reter.

 

  • Estes datos son referentes a rendementos do traballo e débese ter en consideración que poden existir outros rendementos distintos (intereses, alugueres…) que obriguen a facer a declaración sobre a renda en España.

 

  • Outro dato que deben ter en consideración as persoas estranxeiras residentes en España é que ter un grao de discapacidade nun país terceiro, non significa obrigatoriamente posuílo en España, xa que este debe ser valorado polos organismos competentes para que teña efectos fiscais.

 

(Información elaborada por CC Xestión)