SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE, MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA E ARTESANAL GALEGO (DOGA 248 DO 30/12/2015)
Beneficiarios:
.- Comerciantes retallistas con pemes en Galicia, tendo como actividade algunha das que constan na orde da convocatoria da axuda (comercio polo miúdo).
.- Titulares de obradoiros artesanais que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e que fagan uso da marca Artesanía de Galicia.
.- Federacións de comerciantes e as asociacións profesionais de artesáns.
Actuacións subvencionables:
1.- Para comerciantes retallistas:
.- Acondicionamento do local comercial.
.-Mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento para a superficie de venda.
2.- Para os titulares de obradoiros artesanais:
.-Sistemas de etiquetas intelixentes que completen o envase con máis información.
3.- Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:
.- Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos.
.- Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetaxe, dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto e o deseño da súa presentación.
.- Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos, así como implantación de páxinas web con tenda online e pasarela de pagamento.
.-Páxinas web comerciais.
.-Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.
Contía: 40% do investimento subvencionable para os gastos de acondicionamento de local e moblaxe recollidas no primeiro punto e o 50 % para o resto das actuacións con límites máximos para todas as partidas.
As actuacións deben ser realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data límite de xustificación (10 de outubro de 2016).
Valorase: adhesión ao sistema arbitral de consumo, pertenza a asociación de comerciantes, non ter percibido axuda de comercio nos últimos 3 anos, exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes e pertencer a concellos de Lugo, Ourense, Comarca de Ferrol, Eume e Ortegal e concellos da Costa da Morte e apertura dun novo establecemento comercial durante o ano 2015.
Prazo: Dende o 18 de Xaneiro ata o 18 de febreiro de 2016
SUBVENCIÓN PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL (DOGA 248 DO 30/12/2015)
Obxecto:
Facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial.
Beneficiarios:
Comerciantes retallistas que se dediquen ao comercio de xeito habitual en Galicia, que teñan como mínimo 64 anos cumpridos, que exerzan a actividade de forma ininterrompida nos últimos 10 anos, estar de alta en autónomos e que na idade ordinaria de xubilación se teña o período mínimo esixido para poder ter dereito á pensión de xubilación. Debese designar a unha persoa física continuadora da actividade.
Tamén son beneficiarias as persoas designadas polo solicitante para a remuda comercial.
Contías:
.-Transmisores que teñan a idade de xubilación: 800 €.
.-Transmisores que non teñan idade de xubilación: 800 €/mes dende o mes seguinte á resolución de concesión ata o último mes en que cumpran a idade de xubilación, abonados nun pagamento único.
.-Adquirentes do negocio comercial: 2.000 €
Os transmisores beneficiarios quedarán coa obriga de cotizar á Seguridade Social, no caso de que deba cubrir o período mínimo de cotización establecido.
Prazo: Ata o 31 de Agosto de 2016
(Información elaborada por CC Xestión)