A Federación Galega de Comercio organiza para o vindeiro xoves 19 de novembro un encontro baixo o título «O comercio, unha oportunidade de negocio». Será en Santiago de Compostela, no Hotel Monumento San Francisco e está dirixido a todos os profesionais do sector. Nel participarán ponentes de recoñecido prestixio a nivel nacional en ámbitos de interese como as novas tecnoloxías, o emprendemento, a comunicación ou a xestión de clientes e de marca. As persoas interesadas en participar pódense inscribir de xeito gratuíto a través do seguinte enlace:
http://comerciogalicia.es/comerciogalicia/encuentros/
A Xornada desenvolverase segundo o seguinte programa:
09:30 – Acreditación
10:00 – Inauguración oficial
Sol Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio
José María Seijas López, presidente da Federación Galega de Comercio
10:30 – Conferencia inaugural: «Innovación na comunicación: os contidos mandan»
Alberte González Patiño, especialista en comunicación corporativa e xestión de marca. Socio director GRUMLIGT
11:15 – Pausa – café
11:45 – Conferencia: «Dixitalización. Novas tecnoloxías»
José Manuel Castro, consultor TIC
12:30 – Mesa redonda: «Novas tecnoloxías»
Alberte González Patiño, especialista en comunicación corporativa e xestión de marca. Socio director GRUMLIGT
Javier Barreira García, CEO de ROI Scroll. Marketing social e social media.
Luis Ferreira, Ferreira Asociados
13:30 – Aperitivo
16:30 – Conferencia: «O cliente como eixo de negocio»
Luis Encinas, especialista en marketing e xestión de clientes
17:15 – Mesa Redonda: «Programas de fidelización: Comerciogalicia»
Luis Encinas, especialista en marketing e xestión de clientes
Ángel Nuevo, Novogal
Luis Fernández, secretario xeral técnico da Federación Galega de Comercio
18:00 – Lectura de conclusións. Clausura oficial.
Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria