37 negocios de 16 sectores diferentes poñen a disposición das parellas de noivos todo o que precisan para organizar o seu casamento, dende a despedida de solteiro/a ou a viaxe da lúa de mel ata a decoración do fogar do futuro matrimonio. Todo ao alcance da túa man: tendas de vestidos de noiva e traxes de noivo, zapatos, unha ampla representación de lencería, roupa de festa para invitadas e moda infantil, restaurantes e casas rurais, perruquería, florerías, xoiería, animación musical, fotografía, listas de voda, viños, imprentas, detalles e doces, coches de época, axencias de viaxe e tamén entidades, asociacións e medios de comunicación…