Axudas ao emprego autónomo’, ‘Convocatoria de 2013 (DOG nº 159, de 22 de agosto)

Subvenciona proxectos empresariais de persoas desempregadas que crean o seu propio posto de traballo e que causen alta no Réxime de Autónomos da Seguridade social entre o 11/09/2012 e o 30/09/2013.

Beneficiarios:

Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no SEPE, sexan persoas físicas ou formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens. Requisitos:

.- Titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

.- Que se dean de alta en Autónomos ou calquera outro réxime por conta propia da Seguridade Social.

.- Non percibisen axudas ao abeiro deste programa nos 4 anos anteriores

.- Non desenvolvesen como autónomos a mesma ou similar actividade na mesma localidade nos 6 meses anteriores ó inicio da actividade, nin estivesen de alta en autónomos nos 3 meses anteriores.

Tipos de axuda:

a) SUBVENCIÓN POLO ESTABLECEMENTO COMO TRABALLADOR AUTÓNOMO OU POR CONTA PROPIA.

Acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible de 3.000 euros (IVE excluído), que se realice entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 seguintes ó mesmo, coa data límite, en todo caso do 20/12/2013.

Nas comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do investimento mínimo de 3.000 euros de cada comuneiro ou socio, terase en conta a súa porcentaxe de participación nas mesmas.

Contías da axuda:

.- 5.000 € desempregado en xeral.

.- 6.000 € mozos desempregados de 30 ou menos anos.

.- 7.000 € mulleres desempregadas

.- 7.500 € emigrantes retornados, traballadores procedentes de empresas en crise, desempregados de longa duración ou desempregados que esgotasen a prestación por desemprego.

.- 8.000 € desempregados discapacitados ou de colectivos de risco ou situación de exclusión social.

.- 10.000 € mulleres desempregadas discapacitadas ou pertencentes a colectivos de risco ou situación de exclusión social.

 

Cando se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible de 5.000 € (IVE excluído), as contías da axuda poderanse incrementar nos seguintes importes:

.- En 2.000 euros (3.000 € para traballadores que teñan o domicilio fiscal en concello rural) para os seguintes colectivos:

a. Mozos desempregados de 30 ou menos anos.

b. Mulleres desempregadas.

c. Persoas desempregadas de 45 ou máis anos.

d. Persoas desempregadas que rematen itinerario de inserción nunha ocupación directamente relacionada coa actividade empresarial.

.- Ou ben, en 3.600 euros para os seguintes colectivos:

a. Desempregados/as de larga duración

b. Desempregados/as que esgotasen a prestación por desemprego.

c. Desempregados/as pertencentes a algún colectivo de exclusión social.

d. Desempregados/as con discapacidade.

Nas comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do investimento mínimo de 5.000 euros de cada comuneiro ou socio, terase en conta a súa porcentaxe de participación nas mesmas.

Prazo: 1 mes dende a data de solicitude de alta na Seguridade Social, máximo 30/09/2013.

Prazo excepcional: Para actividades iniciadas entre o 11/09/2012 e o 22/08/2013, o prazo de solicitude finaliza o 21/09/2013.

 

b) SUBVENCIÓN FINANCEIRA

Redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador/a autónomo/a, sempre que como mínimo o 75% do préstamo se destine a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible, cun investimento mínimo de 3.000 euros.

Nas comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do investimento mínimo de 3.000 euros de cada comuneiro ou socio, terase en conta a súa porcentaxe de participación nas mesmas.

O investimento deberá facerse no período comprendido entre os 3 meses anteriores ó inicio da actividade e os 6 posteriores á mesma, coa data límite 20/12/2013.

Contía:

Importe equivalente á redución de ata 4 puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os 8 primeiros anos de vixencia destes

Límites da contía:

.- 5.000 € desempregados en xeral.

.- 6.000 € mozos desempregados de 30 ou menos anos

.- 7.000 € mulleres desempregadas

.- 7.500 € emigrantes retornados, traballadores procedentes de empresas en crise, desempregados de longa duración ou desempregados que esgotasen a prestación por desemprego.

.- 8.000 € desempregados discapacitados ou de colectivos de risco ou situación de exclusión social.

.- 10.000 € mulleres desempregadas discapacitadas ou pertencentes a colectivos de risco ou situación de exclusión social.

Prazo: 1 mes dende a data de solicitude de alta na Seguridade Social, máximo 30/09/2013.

Prazo excepcional: Para actividades iniciadas entre o 11/09/2012 e o 22/08/2013, o prazo de solicitude finaliza o 21/09/2013.

Obrigas xerais:

.- Realizar a actividade durante un mínimo de 2 anos