Asetem sortea as ceas dos Namorados e fai entrega dos premios de Nadal’, ‘Xa se coñece o nome das persoas que poderán gozar dunha cea romántica coas súas parellas grazas á Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca). A patronal melidense organizou o pasado venres o sorteo do Día dos Namorados no que se extraeron os boletos premiados. No acto, celebrado en Ezequiel Eventos, entregáronse tamén os premios da Campaña “Este Nadal toca en Melide”. (Pincha nesta noticia para acceder á GALERÍA DE FOTOS)

A velada contou coa participación de numeroso público, entre comerciantes e clientes, e coa presenza do Concelleiro de Promoción Económica, Santos López, e a Vicepresidenta de Asetem, Elena Quintas. En conxunto, Asetem repartiu  33 premios para os clientes dos establecementos asociados.

O acto comezou co sorteo das ceas para os namorados. Extraéronse 8 boletos polo sistema de man inocente, resultando premiadas as seguintes persoas:

– JESÚS ABAD, pola compra realizada en ELECTRICIDADE VILELA.

– RAMÓN MEJUTO, pola compra realizada enM&M MODA.

– CARMEN VARELA, pola compra realizada en PANADERÍA-PASTELERÍA TOQUES.

– JUAN RODRÍGUEZ, pola compra realizada en MODAS ALFONSO.

– TANIA VARELA, pola compra realizada en CALZADOS BROZ.

– CARMEN, pola compra realizada en MUXICA TENDA XOVEN.

– LORENA, pola compra realizada en ESTANCO ANGARELA.

– MARÍA JESÚS, pola compra realizada en XOIERÍA SILVELA.

Os comercios que repartiron os boletos con premio poñeranse en contacto nas próximas horas cos clientes agraciados para comunicarlles que pasen canto antes polas oficinas de Asetem para recoller a invitación. Entregaráselles tamén unha lista co nome de 11 restaurantes de Melide. Poderán escoller o que queiran para consumir a cea, previa reserva. Teñen de prazo un mes.

Ademais deses 8 boletos, extraéronse outros tres para sortear as ceas que regalaron Ezequiel Eventos e Cafetería Chaplin. Neste caso, os clientes premiados deberán consumilas en ditos establecementos. As persoas ganadoras das dúas ceas de Ezequiel Eventos son:

– ÉDEL, pola compra realizada en XOIERÍA ORO LEY.

– ÁNXELES VÁZQUEZ, pola compra realizada en CONFECCIONES CARDIGAN.

A persoa agraciada coa cea de Cafetería Chaplin é:

– RAQUEL RÚA, pola compra realizada en FLORISTERÍA MARU.

 

Premios da Campaña “Este Nadal toca en Melide”

Tralo sorteo das ceas, procedeuse á entrega dos premios da campaña “Este Nadal toca en Melide”, a través da que Asetem repartiu 6.000 euros. No acto participaron os clientes agraciados, que recibiron de mans dos comerciantes os vales de 50 euros, ata completar o premio obtido por cada un, que deberán consumir nos próximos 15 días. Poderán gastalos en calquera dos 71 comercios melidenses que participaron na campaña.

A entrega comezou cos premios de menor contía, os de 100 euros, continuou cos de 200 e rematou cos dous premios maiores. O de 1.000 euros recaeu en María del Pilar López Río, de Melide. O de 2.000 euros foi para Óscar Pérez Ramil, de Betanzos.

Puxo o broche final ao evento a degustación duns petiscos por xentileza de Ezequiel Eventos dos que gozaron todos os asistentes.