A fraga da Casa do Gado. Sobrado’, ‘

Máxica. Se tiveramos que utilizar unha soa palabra para definir a fraga da Casa do Gado, en Sobrado, sería esa. Máis aló das torres do mosteiro, ocupando unha extensión de 35 hectáreas, milleiros de árbores agrupados atraen a atención dos visitantes que dan con ela.
Esta fraga é coñecida por ser unha das máis fermosas de Galicia e porque aquí se filmaron moitas das esceas da película »El bosque animado», de José Luis Cuerda. A chegada de Alfredo Landa e compañía queda xa lonxana para os habitantes da comarca. Moitos outros descoñecen este detalle.
Carballos, castiñeiros, e moitos acivros ven o tempo pasar ás beiras do Camiño Real. Mágoa que a falta dunha axeitada sinalización sexa un impedimento para orientarse e coñecer mellor este tesouro natural. Houbo quen tomou a iniciativa e colocou carteis coas variantes do nome da senda.