R ofrécelles vantaxes nos seus servizos de telecomunicacións ás empresas de ASETEM’, ‘A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca) e R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, veñen de establecer un marco de colaboración para mellorar a competitividade do sector botando man de novas ferramentas de comunicación e baseándose nunha mellora significativa de prezo e servizos.

Os empresarios de ASETEM poden beneficiarse xa da nova oferta integrada de servizos que vén de poñer ao seu dispor tras a recente sinatura dun convenio entre a asociación e máis o operador galego. O acordo inclúe a oferta de varios combos (servizos paquetizados) adaptados ás necesidades de cada negocio que tratan de potenciar o desenvolvemento empresarial e o incremento da competitividade por medio das novas tecnoloxías.

 

Desta maneira, para os locais que só precisan dunha liña de teléfono fixo R dispón dunha oferta do Combo Negocio Despreocupín por 29 euros ao mes e de 79 euros para as oficinas que precisan de máis dun posto de voz. Estes prezos especiais aplícanse ao contratar simultaneamente dúas liñas de móbilR. Ademais, no acceso a internet estes combos facilitan 20 megas de baixada e 2 de suba con wi-fi e opcións de velocidade ultrarrápida de ata 100 megas. A oferta inclúe tamén un mínimo de 120 minutos gratis en chamadas a móbiles non R dende a liña de fixo e de 300 minutos a móbiles R.

 

Opción converxentes e descontos de ata o 50%

 

Os empresarios de ASETEM teñen, ademais, a posibilidade de gozar de opcións converxentes de fixo e móbil coma o servizo Multiring, que permite recibir á vez chamadas no fixo e no móbil ou desvialas dun a outro segundo se prefira. O convenio contempla igualmente descontos de ata o 50% nas liñas de teléfono fixo adicionais para os negocios que requiren de máis postos de voz. E, da mesma maneira, para as empresas que precisan de servizos de almacenamento de datos ofrece un 25% de desconto en servidores virtuais e un 10% de desconto en equipamento informático (terminais, pcs, impresoras…).

 

Os socios e socias de Asetem-Cca que desexen recibir máis información sobre este convenio poden dirixirse á tenda de Hardgalicia, distribuidor oficial de R en Melide e comarca, situada na Rúa do Convento nº 6. Tamén se lles facilitará información nas oficinas da patronal melidense.