ASETEM

Asociación Empresarios Terra de Melide
Saúdo
Benvidos/as á páxina web da Asociación de Empresarios da Terra de Melide, unha pequena fiestra aberta ao mundo dende o cerne de Galicia. Como entidade formada por xente emprendedora, cremos necesario poñer a disposición de asociados e cidadáns unha ferramenta áxil que achegue toda a información sobre as actividades que realizamos, os servizos que ofrecemos e os negocios que integran esta asociación. Agardamos que lle resulte agradable a viaxe por este pequeno espazo, que non é máis ca o reflexo da ilusión e da puxanza dun colectivo que cre fondamente no potencial e nas grandes posibilidades que ofrece a Terra de Melide.
Historia
A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem) nace a o 30 de outubro de 1.989 para recoller as inquedanzas dunha parte do empresariado da comarca. Nesa data asínase a acta de constitución da entidade sendo presidente Horacio Blanco. Miguel Pampín Rúa desempeñou o cargo de secretario, Victorino Barrio López o de tesoureiro e Plácido González Gutiérrez o de contador. Como  vogais desa primeira xunta directiva figuraban Manuel Casal Vilariño, Antonio Rodríguez Pampín, Carlos Taboada Santiso, José Quintas Saavedra e Joaquín París Figueiras.

Unha vez constituída, comezan a integrarse en Asetem empresas e autónomos de diferentes sectores, dende a gandería ata a construción, pasando polo sector servizos e hostaleiro. A asociación axiña pasa a integrarse na Confederación de Empresarios da provincia da Coruña (CEC), dando continuidade así un longo percorrido de constante apoio ao tecido económico local dos concellos de Melide, Toques Santiso e Sobrado. Durante estas máis de dúas décadas mantívose sempre fiel aos seus obxectivos de coordinar os intereses comúns dos asociados e de promover e dinamizar a actividade empresarial da comarca en todos os seus ámbitos.

O 21 de outubro de 2005 a asociación dá un paso importante ao constituírse como centro comercial aberto. Outro dos fitos da historia recente de Asetem-Cca produciuse o 27 de maio de 2010, cando as dúas patronais existentes ata o momento na vila ratificaron a súa vontade de unirse. Os preto de 50 membros do antigo Centro Comercial Aberto Vila de Melide decidiron integrarse voluntariamente en Asetem-Cca, que pasou a sumar un total de 142 socios e converteuse no colectivo único de representación dos comerciantes e empresarios/as locais. No ano 2012, coincidindo coa celebración da Cea Anual de Confraternidade, Asetem-Cca acadou a simbólica cifra de 150 socios, o récord de membros dende a súa fundación.

Na actualidade Manuel Vázquez García ocupa o cargo de presidente da patronal melidense tras  ser respaldado polo 69% dos votos nas eleccións celebradas en xuño de 2014.

Directiva ASETEM

Manuel Vázquez García
Presidente:
Manuel Vázquez García

– – – – – – – – – – – – – – – –


Vicepresidente:

Rodrigo Fernández Pombo

– – – – – – – – – – – – – – – –

José Ramón Villamor Varela (tesoureiro)
Secretario:
José Ramón Villamor Varela

– – – – – – – – – – – – – – – –

José Valiño Vázquez (Vogal)
Tesoureiro:
José Valiño Vázquez

– – – – – – – – – – – – – – – –

Mariño web

Contador:
Juan Carlos Casal Vázquez

– – – – – – – – – – – – – – – –


Xerente:
Pilar López López

– – – – – – – – – – – – – – – –

Vogais:
Jorge Pereiro web

Jorge Pereiro Torre

—————————-

Mis Mejores Labores - copia

Margarita Iglesias

—————————–

Santín & Amo - copia

Sabela Santín

—————————–

Chaplin - copia

Ceferino Lobato

——————————–

Emma Sanmartín

———————————-

Juan José Rodríguez