* PEL – EMPRENDE INVESTIMENTO
Beneficiarios/as: microempresas, pemes e persoas autónomas que estean desenvolvendo unha actividade económica con ánimo de lucro, que teñan o domicilio fiscal e como mínimo un centro de traballo nun concello da provincia da Coruña con poboación inferior a 10.000 habitantes. Tamén poderán ser subvencionados aquelas persoas solicitantes que non dispoñan de centro de traballo sempre que conste no Certificado de Situación Censual da AEAT que a actividade se desenvolve fóra dun local determinado e non teña a obriga legal de dispoñer de centro de traballo.
Exclúese desta axuda ás agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, carentes de personalidade xurídica propia; as asociacións, ou autónomos colaboradores, os autónomos societarios e as entidades definidas como Gran Empresa.
Investimentos subvencionables (realizados entre o 01/01/2025 e o 31/12/2025):
Aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos informáticos (ordenadores con máximo de 2.000 euros e no caso das tabletas o máximo son 500 euros sen IVE).
Exclúense expresamente: as instalacións, montaxes, mantementos, partes, obras, reformas, reparacións, cubertas, carpas, alugueres, rotulacións, instalacións técnicas de climatización, iluminación ou telecomunicacións, páxinas web, hosting, dominios, mantementos de aplicacións informáticas, fundas de elementos subvencionables, proxectos de pantalla, subscricións anuais, canóns, elementos de transporte, material funxible, prendas textís, artigos de decoración, espellos, televisores, reloxos intelixentes, elementos de iluminación, aparellos de climatización, sistemas de seguridade, telefonía, teléfonos móbiles e routers.
Os investimentos efectuados deberán ser novos. Non se admitirán facturas de menos de 100 euros, nin se admitirán máis de 5 facturas por concepto de gasto subvencionado. O gasto subvencionable será dun mínimo de 3.500 euros sen IVE, e dun máximo de 25.000 euros sen IVE.
Contía: 70% do investimento subvencionable.
Prazo de solicitude: ata as 14:00 horas do 17/03/2025.
* PEL PERSOAS AUTÓNOMAS
Beneficiarios/as: persoas autónomas, que sexan titulares dunha actividade económica, con domicilio fiscal nun concello da provincia de menos de 10.000 habitantes, que non fosen beneficiarios de ningunha axuda de persoas autónomas da Deputación no 2024.
Só serán subvencionables aquelas cotas de autónomos que non sexan bonificadas total ou parcialmente ou sexan obxecto dalgunha axuda pública ou privada. No caso de que se perciban axudas, exoneracións ou bonificacións nunha parte do ano, poderá solicitarse a axuda sempre que no exercicio 2025 teñan 6 ou máis mensualidades exentas de calquera tipo de axuda pública ou privada.
Gastos subvencionables: as cotas mensuais de persoas autónomas do exercicio 2025 que non reciban ningún tipo de bonificación, exoneración ou axuda de organismo público ou privado. Non serán subvencionables as cotas mensuais inferiores a 200 euros mensuais, nin as correspondentes a períodos inferiores ao mes natural.
Contía: 200 euros por cada mes no que se cumpran os requisitos, cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses.
Prazo de solicitude: ata as 14:00 horas do 17/03/2025.
* PEL – PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN DO CADRO DE PERSOAL DE PEMES, MICROEMPRESAS E PERSOAS AUTÓNOMAS
Beneficiarios/as e requisitos: estas axudas van dirixidas a pemes, microempresas e persoas autónomas, que estean desenvolvendo unha actividade económica con domicilio fiscal e cun centro de traballo nun concello da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes. Tamén poderán ser subvencionados aquelas persoas solicitantes que non dispoñan de centro de traballo sempre que conste no Certificado de Situación Censual da AEAT que a actividade se desenvolve fóra dun local determinado e non teñan a obriga legal de dispoñer de centro de traballo.
Exclusións relativas á contratación, entre outras: as persoas traballadoras fixo-discontínuas e contratacións realizadas con traballadores/as que nos 6 meses anteriores á contratación prestasen servizos na mesma empresa ou “única empresa” mediante un contrato indefinido ou temporal, salvo contratos formativos.
Investimentos subvencionables: Os custes salariais e de seguridade social patronal da contratación dun traballador/a a xornada completa ou a tempo parcial (con xornada mínima do 50%), iniciadas no 2025, que teñan unha duración mínima de 6 meses. As entidades solicitantes deberán presentar un orzamento estimado de gasto comprendido entre un mínimo de 1.428,58 euros, e un máximo de 21.428,58 euros.
Contía: 70% do gasto subvencionable, con un máximo de 15.000 euros.
Prazo de solicitude: ata as 14:00 horas do 17/03/2025.
* PEL-PEMES MANTEMENTO NO CADRO DE PERSOAL DE PEMES E MICOREMPRESAS
Beneficiarios/as e requisitos: pemes, microempresas e persoas autónomas beneficiarias da subvención PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN 2024, que realizaron unha contratación indefinida ou foi transformada a indefinida con carácter previo á presentación da solicitude desta axuda; e que con anterioridade á data da publicación desta convocatoria (14/02/2025) manteña o domicilio fiscal na provincia nun concello con poboación inferior a 20.000 habitantes.
Gastos subvencionables: Os custes salariais e de seguridade social patronal de mantemento da contratación no ano 2025 do posto subvencionado na convocatoria de 2024.
Contía: 50% do gasto subvencionable, con un máximo de 11.000 euros.
Prazo de solicitude: ata as 14:00 horas do 17/03/2025.
Información elaborada coa colaboración de CC Xestión.