Beneficiarias. Persoas autónomas e empresas que teñan domicilio fiscal ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:

  • Sección G: comercio ao por maior e ao por menor, divisións de 45 a 47 incluídas.
  • Sección H: transporte e almacenamento, divisións de 49 a 53 inluídas.
  • Sección I: hostalería, divisións de 55 a 56 incluídas.
  • Sección J: información e comunicacións, divisións 58 a 63 incluídas.
  • Sección K: actividades financieiras e de seguro, divisións 64 a 66 incluídas.
  • Sección L: actividades inmobiliarias, división 68.
  • Sección M: actividades profesionales, científicas e técnicas 69 a 75 incluídas.
  • Sección N: actividades adminsitrativas e servizos auxiliares, divisións 77 a 82.
  • Sección P: educación, división 85.
  • Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais 86 a 88.
  • Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións 90 a 93.
  • Sección S: outros servizos, divisións 94 a 96.

Proxectos subvencionables:

  1. Bono asesoramento enerxético: de acordo ao consumo enerxético anual da empresa.
  2. Diagnósticos enerxéticos que inclúan inventario dos principais equipos consumidores do centro de traballo, análise de consumo, propostas de optimización do consumo enerxético e de mellora da contratación e facturación da enerxía que avalía o coste e aforro económico derivado.
  3. Auditorías enerxéticas, que ademais do contido dos diagnósticos deben completar a parte da análise de consumos con medicións (análises de combustión de caldeiras, medición de consumo eléctrico dos principais equipos consumidores, análise termográfico das instalacións, medicións lumínicas,…) e na parte de proposta de mellora debe analizar actuacións de eficiencia enerxética, de implantación de enerxías renovables, de mellora da contratación e facturación da enerxía e implementación de sistemas de telexestión e automatización que permitan reducir o consumo enerxético.
  4. Bono envolvemente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico. Só serán subvencionables todos de cor branco e/ou negro e variantes destas cores). En ningún caso serán subvencionables os elementos que incorporen publicidade.
  5. Bono iluminación: renovación de equipos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparates, por outros que usen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.
  6. Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas que garantan un suministro con calidade e fiabilidade (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrumpida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).
  7. Bono equipo: renovación do equipo consumidor de enerxía como cafeteras, lavavaixellas, lavadoras, secadoras, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipo de consumo enerxético propio do establecemento, sempre que se poida acreditar unha calificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetado oficial, poderase usa como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipos para os cales non exista sistema de calificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipo previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Deberá xustificarse a retirada do equipo existente a súa entrega a un xestor autorizado.
  8. Bono climatización: equipos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Esta medida contempla exclusivamente as instalacións fixas, destinadas á climatización e/ou produción e consumo de auga quente sanitaria do establecemento, quedando fóra do seu ámbito dos equipos móbiles e os non permanentes para a climatización de terrazas e outros espazos abertos ao público. Os novos equipos deberán ser de potencia térmica nominal superior a 5 kW e ter unha calificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetado oficial, poderase usar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipos para os cales non exista sistema de calificación enerxética poderán ser subvencionable se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipo previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Tamén serán subvencionables a incorporación de recuperadores de calor, de sistemas de enfriamento gratuíto, a mellora dos aillamentos da instalación de climatización, sistemas de movementos de fluidos caloportadores e de regulación e control (sistema de regulación en función de medicións de CO2 ou da temperatura exterior, chaves economizadoras accionadas mediante infravermellos e outros).
  9. Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente. No caso de sistemas de telemedida intelixentes que permiten monitorizar as instalacións e detectar consumos anómalos, consideraranse elixibles se incorporan algún tipo de actuador ou automatismo, por exemplo enviando alarmas que advirtan de situacións non desexadas. Se só miden e analizan non se consideran elixibles.

A inversión mínima para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude (sen incluir o IVE). No caso de que a solicitude contemple exclusivamente o Bono de asesoramento enerxético, a inversión mínima da solicitude establécese en 200 euros por solicitude (sen IVE).

Prazo de presentación: 17 de xaneiro ao 25  de xuño de 2025.

Prazo de execución: 1 de xaneiro ao 1 de outubro de 2025.

Cuantía da axuda: 80% do coste elixible da actuación cun máximo de 6.000 euros por solicitude.