O Programa A Martagona coa Igualdade, organizado e promovido pola ANPA deste centro educativo melidense, forma a alumnado e familias neste eido. En concreto, nesta iniciativa participaron 105 familias e 127 rapaces e rapazas, de 3 a 12 anos.
A proposta educativa consta de 3 tipos de obradoiros que se desenvolveron ao longo de 20 sesións. Neste programa traballa os estereotipos de xénero e a violencia machista presentes na nosa sociedade, e promove unha educación libre de violencia rompendo prexuízos e claves para identificar a violencia machista, así como promover relacións saudables entre iguais dende as idades máis temperás.
Os obradoiros realizados foron: teatro en igualdade, videoxogos en igualdade e videoxogos e Redes Sociais en igualdade para familias en liña. Nestas actividades propúxose unha pedagoxía coeducativa que promove a creatividade, a crítica, a comunicación e a resolución de conflitos desde as familias.
Esta iniciativa está enmarcada dentro das axudas dirixidas ás ANPAs do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, financiada polo Ministerio de Igualdade e a Xunta de Galicia.