Aberto o prazo para presentar as candidaturas aos Premios Comercio Galego 2024

Hai 5 categorías:

  • Premio Comercio 2024 (5.000€)

Para o establecemento comercial que mellor exemplifique os valores do sector comercial de proximidade mediante a implantación dun modelo de negocio moderno, competitivo e adaptado aos novos retos

  • Premio Comercio Traxectoria 2024 (3.000€).

Recoñecerase á persoa cunha longa e consolidada traxectoria profesional comercial que pola súa permanencia e continuidade cree un vínculo de especial arraigo coa súa vila

  • Premio Comercio Emprende 2024 (3.000€).

Destinado ao establecemento comercial xove que ofreza á clientela unha experiencia de compra diferenciada

  • Premio Comercio Dinamización 2024 (5.000€).

Distinguirá a implantación do mellor proxecto ou iniciativa de dinamización comercial nos últimos tres anos (2022-2024) co obxectivo de incrementar as vendas e potenciais clientes/as

  • Premio Comercio Consumo Responsable 2024 (3.000€).

Dirixido ao mellor proxecto ou iniciativa de promoción do consumo responsable.

As candidaturas poderán presentarse ata o vindeiro 28 de outubro.