A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide celebra a tradicional Noite Aberta do comercio local este venres 7 de xuño con máis de 500 premios.

Nesta campaña participan 28 comercios asociados que son: Leivamotosport, Calzados Broz, Óptica Tábora, Mis Mejores Labores, Electrosan, Sakho Moda, Mercería Isabel, Magnin, Goalkers, Juifi, Xoiería Roval, Toysmaniatic, Óptica Alain Affleou Melide, Pro Diva, Cafetería – Pastelería Estilo, SportModa, Borboriños Xeados, Marvi, Pasarela Moda, Xoería Roval, Romero Zapaterías, Flor de Toxo, Sueños e El Dándolo, Parafarmacia Ulloa, Xoiería Oro Ley, Colorín Colorado, Creaciones MJ e Muxica Tenda Xoven.

Estes establecementos contarán con descontos e ofertas especiais dende as 10:00 ata as 22:00 horas, de xeito ininterrompido. Todas as persoas que compren nestas tendas durante o venres 7 de xuño poderán participar na Choiva de Globos da Noite Aberta que repartirá máis de 500 premios. Esta Choiva de Globos será o venres ás 22:30 horas, na Praza do Convento, e contará cun animador para facer máis divertido este gran evento. Para entrar na Praza do Convento á Choiva de Globos, as persoas que merquen durante o venres nos comercios locais terán que amosar o tícket dese día e poderán coller os globos premiados. Sobre esta Praza melidense caerán 1.500 globos, dos cales máis de 500 levan unha tarxeta con premio. Estes premios son cedidos por diversas empresas e comercios, así como por entidades colaboradoras e da propia Asociación de Empresarios e Empresarias.

Ademais, con motivo da Noite Aberta, a través da APP de Asetem sortearanse varios vales de compra, cun importe total de 200 euros, para gastar nos establecementos de proximidade asociados á entidade empresarial. Para participar neste sorteo é preciso que a clientela suba os tíckets de compra do 7 de xuño á APP de Asetem. Coa Choiva e Globos e o sorteo da APP esta edición da Noite Aberta do comercio local reparte preto de 5.000 euros en premios polo que se converte na 2ª campaña con maiores premios en termos económicos, só por detrás da iniciativa ‘Este Nadal toca en Melide’.

Esta iniciativa ten como finalidade promover e impulsar o comercio local melidense xusto ao comezo do verán así como animar á poboación a mercar nos establecementos da vila.

Esta actividade, organizada por Asetem, está cofinanciada pola Xunta de Galicia.