O Concello de Toques, coa colaboración da Deputación da Coruña, vén de convocar a sétima edición do seu concurso fotográfico “Toques, unha paixón”, no que as persoas concursantes poderán participar enviando fotografías realizadas no ámbito territorial do municipio.

Cada persoa poderá presentar un máximo de tres traballos. As imaxes deberán enviarse en formato dixital, jpeg ou tiff, a marina.corral@toques.gal antes do 15 de decembro, xunto con datos como o nome e os apelidos, o título das fotos e o enderezo electrónico e teléfono de contacto. En canto á contía dos premios, a persoa gañadora levará 100 euros, quedando 60 e 40 euros respectivamente para o segundo e terceiro clasificados.

Tedes toda a información en https://toques.gal/vii-concurso-fotografico/