A Xunta de Galicia abre unha nova edición do Bono Activa Comercio, na que destinará 2,5 millons de euros para que os galegos poidan aforrar 30 euros nas súas compras.

Do día 30 de setembro ó 15 de decembro os comercios poderán darse de alta para adherirse a campaña poñendo os datos do comercio. Deberanse volver dar de alta a pesar de xa ter participado en edicións anterioresVídeo explicativo do proceso para os comercios locais
Do día 9 de outubro ó 31 de decembro os clientes poderán descargar os bonos e comezar a gastalos. Igualmente deberán darse de alta e seguir os pasos indicados.

A dinámica será a da edición anterior na que todos os usuarios poderán descargar os bonos pero existirá un fondo común no que o momento que se esgote o presuposto de 2,5 millos de euros deixará de funcionar para todos a pesar de que para eles sexan visibles os 30€ que poderían gastar.

Unha vez descargado o bono os descontos que se aplicarán son os seguintes:

  •  De 20€ a 29€ desconto de 5€
  •  De 30€ a 49€ desconto de 10€
  •  A partir de 50€ desconto de 15€