O 1 de decembro arrinca a nova edición da iniciativa que cada Nadal a entidade empresarial celebra nos comercios asociados da comarca da Terra de Melide. Este ano participarán preto de oitenta establecementos, o que afirma a boa acollida que esta iniciativa ten cada ano e que dende a directiva da asociación esperan que se traslade tamén á clientela, “confiamos en que a poboación volva apostar polos establecementos de proximidade para facer as súas mercas de Nadal porque non é necesario moverse da para atopar agasallos de todo tipo”.  Ademais, dende ASETEM fan fincapé en que “o feito de mercar no municipio implica que o pobo medre polo que, dunha ou outra maneira, é beneficioso para toda a veciñanza”.

O principal obxectivo desta actividade é o fomento e impulso das compras nos comercios melidenses premiando a fidelidade da clientela mediante o sorteo de vales de compra para gastar nestes mesmos establecementos. Para levar a cabo esta acción de promoción as tendas obsequiarán á súa clientela con rifas ao realizar compras de calquera importe entre o día 1 de decembro e o 13 de xaneiro de 2023.

Ese mesmo día, o 13 de xaneiro celebrarase no Centro Sociocultural Mingos de Pita a gala do sorteo de Nadal para repartir os premios: un de 2.000 euros, dous de 1.000, e catro de 500 euros. Ademais, entre os asistentes á gala sortearase unha tarxeta regalo para unha escapada de fin de semana para dúas persoas polo que asistir a este evento é de gran importancia para os usuarios e usuarias. A maiores, para facer desta gala unha xuntanza máis amena e especial, a cantante Tania Veiras será a encargada de conducir o evento e deleitaranos con algunhas das súas cancións.

Este Nadal merca en Melide!

Bases Campaña Este Nadal toca en Melide

Establecementos participantes