CAMPAÑA “DÍA DA NAI 2021”

BASES DA CAMPAÑA: “UNHA EXPERIENCIA PARA MAMÁ”

  1. Entidade organizadora: ASETEM – CCA
  2. Participantes: poden participar todas persoas maiores de 18 anos que merquen entre o venres 22 de abril e o domingo 1 de maio nun dos comercios participantes na campaña do Día da Nai.
  3. Duración e dinámica da actividade: para este ano a asociación decidiu realizar unha campaña de dinamización do comercio local co gallo do Día da Nai. Para isto, ASETEM vai realizar un sorteo titulado “Unha experiencia para mamá”, valorado en 600 euros e para gastar en diversos comercios de proximidade asociados (de roupa, calzado, complementos, ocio, estética, etc). Os establecementos participantes terán posto no mostrador cartelería, unha furna e papeletas para cubrir e participar no sorteo. Estas papeletas levarán escrito: nome e apelidos e teléfono. O 4 de maio pola mañá realizarase o sorteo para dar a coñecer o gañador ou gañadora, esta escolla aleatoria da papeleta será retransmitida a través das redes sociais de ASETEM – CCA. Ademais, a asociación de empresarios melidense poñerase en contacto co gañador ou gañadora mediante o número de teléfono facilitado na papeleta. A persoa afortunada poderá gastar os 600 euros ata dous meses despois de vir polo vale.
  4. Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas as papeletas dos compradores das compras dende o venres 22 de abril ata o domingo 1 de maio.
  5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.