CAMPAÑA “DÍA DO PAI 2022”

BASES DA CAMPAÑA

  1. Entidade organizadora: ASETEM – CCA
  2. Participantes: poden participar todas persoas maiores de 18 anos que merquen entre o venres 11 e o sábado 19 de marzo nun dos comercios participantes na campaña do Día do Pai.
  3. Duración e dinámica da actividade: para este ano a asociación decidiu realizar unha campaña de dinamización do comercio local co gallo do Día do Pai. Para isto, ASETEM vai realizar o sorteo dun vale de 150 euros para gastar nun establecemento da hostalería asociado. Os comercios participantes terán posto no mostrador cartelería, unha furna e papeletas para cubrir e participar no sorteo. Estas papeletas levarán escrito: nome e apelidos, teléfono e data da compra. O 23 de marzo pola mañá realizarase o sorteo para dar a coñecer o gañador ou gañadora, esta escolla aleatoria da papeleta será subido o vídeo do sorteo ás redes sociais de ASETEM – CCA. Ademais, a asociación de empresarios melidense poñerase en contacto co gañador ou gañadora mediante o número de teléfono facilitado na papeleta.
  4. Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas as papeletas dos compradores das compras dos días entre o 11 e o 19 de marzo de 2022.
  5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.