Este ano ASETEM-CCA lanza unha campaña do Día do Pai para impulsar e promover as vendas no comercio local. Esta iniciativa celebrarase dende hoxe ata o propio día do pai, o sábado 19, período no que as persoas que merquen nos establecementos de proximidade asociados entrarán nun gran sorteo dun vale de 150 euros para gastar nun local hostaleiro da vila que forme parte da asociación.
Para participar neste sorteo a única condición é comprar nun comercio local asociado a ASETEM e cubrir unha papeleta cos seus datos persoais. O sorteo realizarase o vindeiro mércores 23 nas oficinas da asociación e subirase o vídeo as redes sociais. Coa afortunada ou afortunado poñeranse en contacto dende a organización empresarial para facerlle entrega do vale de 150 euros.
En ASETEM-CCA a nosa prioridade é apoiar aos nosos comercios e animar á poboación a implicarse e a mercar nos pequenos establecementos, para iso e como complemento ao sorteo por cada compra entregarase unha caixiña de cariño cunhas lambetadas dentro para poñerlle o toque doce a esta campaña.