Aberto o prazo de solicitudes para as axudas do Plan Renove de Electrodomésticos da Xunta de Galicia. Os particulares interesados en solicitar esta subvención poden facelo ata o vindeiro 30 de setembro.
Os apoios do programa Galicia Renova Electrodomésticos están dirixidos a persoas que residen na comunidade autónoma e queiran mudar os seus equipos por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: A, B, C ou D.
Estas axudas poden ser de ata o 25% do prezo do electrodoméstico para o consumidor xeral e de entre o 50% e o 75% para usuarios con dificultades, as subvencións irán dende os 100 aos 450 euros. Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario.

A convocatoria pode consultarse en: Resolución do DOG nº 41 do 2022/3/1 – Xunta de Galicia