A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma. Conteñen catro liñas de apoio que son as seguintes:

  1. Bono autónomo concilia I:
    • Contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez rematada a súa baixa por maternidade, parternidade, adopción ou acollemento.
    • Subvencionables as contratacións que se realicen cunha duración mínima de seis meses que se inicien entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022.
    • O importe da subvención será de 500€ por mes completo.
    • Cando se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo.
  2. Bono autonómico concilia II:
    • Contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano, para o coidado de menores, maiores ou dependentes.
    • Contratacións cunha duración mínima de seis meses que se inicien entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022.
    • O importe de subvención será de 500€ por mes completo.
    • Cando se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo.
  3. Bono autonómico para o servizo de coidado de menores:
    • Subvención do 75% do custo do centro ou do servizo de coidado de menores, ata un máximo de 3.000€, para aquelas persoas autónomas que obteñan a subvención polo bono autónomo concilia I ou II nesta convocatoria.
    • No caso de sociedades ou comunidades de bens, a solicitude debe realizala a persoa autónoma societaria pola cal tivo dereito á axuda.
    • Subvencionables os gastos dos servizos de coidado de menores realizados no período subvencionable.
  4. Bono autónomo para o servizo do coidado de persoas maiores ou dependentes:
    • Subvención do 75% do custo do centro ou do servizo de coidado de persoas maiores e/ou dependentes das cales acredite a súa relación de parentesco ou convivencia no mesmo domicilio, ata un máximo de 3.000€, *para quen obteña a subvención polo bono autónomo concilia I ou II nesta convocatoria.
    • No caso de sociedades ou comunidades de bens, a solicitude debe realizala a persoa autónoma societaria pola cal tivo dereito á axuda.
    • Subvencionables os gastos dos servizos de coidado de persoas maiores ou dependentes polos que obtivo o bono autónomo concilia I ou II, realizados entre o 1 de outubro de 2021 ao 30 de setembro do 2022.
  5. As axudas do bono autónomo para o servizo do coidado de menores e do bono autónomo para o servizo do coidado de persoas maiores ou dependentes SERÁN COMPATIBLES entre si.

Para consultar a orde completa: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220202/AnuncioG0599-130122-0001_gl.html