BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS, CONVOCATORIA PARA O ANO 2022. (DOG. Nº 250, DO 30/12/2021)
Beneficiarios:
.- Autónomos con antigüidade ininterrompida na actividade de máis de 42 meses, con facturación mínima de 12.000 € (IVE incluído) no 2020 e rendemento neto reducido da actividade no IRPF de 2020 inferior a 30.000 €.
.- Sociedades de calquera clase e comunidades de bens, con unha persoa autónoma societaria con unha antigüidade na realización da actividade de máis de 42 meses; que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 € (IVE incluído) no 2020; e rendemento inferior a 30.000 € (na base impoñible do imposto de sociedades, ou ben, na suma do rendemento neto reducido da actividade no IRPF de todos os seus membros).
Quedan excluídos, entre outros, as persoas que cobrasen o bono das persoas autónomas en convocatorias anteriores.
Liñas de actuación subvencionables:
Serán subvencionables os gastos realizados entre o 01/01/2022 e o prazo máximo de xustificación establecido na resolución de concesión, e como máximo ata o 05/12/2022.
LIÑA 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: plan estratéxico do negocio, reorientación do negocio, plan de refinanzamento, plan de marketing, plan de eficiencia enerxética, plan de biodiversidade, plan de comunicación do negocio, e plan de transformación dixital.
LIÑA 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: maquinaria, compra ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética, investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais escasos, útiles e ferramentas, reforma do local do negocio, equipamentos informáticos, equipamento de oficina ou negocio, rótulos, aplicacións informáticas, páxinas web, app, redes sociais, e deseño de marca.
Poderase solicitar unha subvención que inclúa ambas liñas, co límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.
Contía: 80% do investimento, co límite máximo de 3.000 euros de subvención.
Obrigas, entre outras: manterse de alta como autónomo 2 anos dende a solicitude da subvención.
PRAZO DE SOLICITUDE: DENDE O 14/01/2022 E O ATA O 14/02/2022.

AXUDA PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO, CONVOCATORIA 2022. (DOG. Nº 250, DO 30/12/2021)
Beneficiarios: persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, que causen alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), como persoa física ou como membro de sociedade civil ou comunidade de bens, e iniciasen a actividade entre o 01/10/2021 e o 30/09/2022.
Contía:
.- Para desempregados en xeral, 2.000 euros.
.- 4.000 euros, no caso de menores de 30 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade ou persoas en situación ou risco de exclusión social.
Estas contías base incrementaranse nun 25% cando a persoa incorporada é muller, ou maior de 45 anos, ou emigrante retornada, ou persoa trans, ou inicia a actividade en municipio rural, ou en profesións e oficios nos cales a muller estea subrepresentada. A contía máxima de subvención será de 10.000 euros.
Obrigas: manter a alta no RETA un mínimo de 18 meses.
Prazo de solicitude: ata o 30 de setembro de 2022.

AXUDAS DO IGAPE DESTINADAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS, CONVOCATORIA 2022. (DOG. Nº 1, DO 03/01/2022)
Proxectos subvencionables, con carácter xeral:
a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais. Os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitarase ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento de Unión Europea (TFUE).
c) Servizos a empresas de calquera sector económico.
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…)
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación, innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
j) No sector da hostalaría, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.
Requisitos, entre outros:
a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude da axuda.
b) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, por conta propia ou indefinido por conta allea, considerado en unidades UTA (é dicir, o traballo de unha persoa a tempo completo todo o ano).
Beneficiarios:
a) Os titulares ou membros (ata o 3º grao) dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación, que deberá estar cualificada como explotación agraria prioritaria.
b) Os autónomos e as microempresas e pequenas empresas de nova creación (nos 12 meses anteriores á solicitude).
Non poderán ser beneficiarias, entre outros supostos, as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas sen ánimo de lucro.
Contía: prima básica de 20.000 euros, que poderá incrementarse ata un máximo de 45.000 €.
Prazo de solicitude: Ata o 08/03/2022.

AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES EN MUNICIPIOS DE RETO DEMOGRÁFICO. (DOG. Nº 212, DO 04/11/2021)
Actuacións subvencionables:
a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).
b) Mellora da eficiencia enerxética e uso das enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria –AQS (tipoloxía 2).
c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3).
As citadas actuacións deberán acadar as seguintes condicións:
.- Redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% respecto da situación actual.
.- Mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano). Este criterio non será esixible cando o edificio acredite unha cualificación enerxética A.
As actuacións deberán cumprir coa normativa vixente, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas. Adicionalmente, deberán cumprirse os seguintes requisitos:
a) Polo menos o 70% dos residuos de construción e demolición non perigosos xerados prepararase para a súa reutilización, reciclase e valorización, incluídas as operacións de recheo.
b) En materia de rehabilitación enerxética, os compoñentes e materiais de construción utilizados no desenvolvemento das actuacións previstas nesta medida non conterán amianto nin substancias identificadas na listaxe do anexo XIV do Regulamento CE1907/2006.
Non serán subvencionables as actuacións iniciadas con anterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda.
As actuacións deberán realizarse en edificacións construídas con anterioridade ao ano 2007, nas seguintes opcións:
A) Vivendas unifamiliares ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, é dicir, edificios nos que polo menos o 70% da superficie construída sobre rasante do edificio esta destinada a uso residencial.
B) Vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente.
Beneficiarios:
Persoas físicas ou xurídicas propietarias de vivendas unifamiliares ou dos edificios de tipoloxía residencial colectiva; así como comunidades de propietarios e agrupacións de comunidades de propietarios de edificios residenciais de uso vivenda.
Contías:
Axuda base de ata o 50% do custo elixible, segundo a tipoloxía da actuación e o destinatario do proxecto; que poderá ser incrementada por unha axuda adicional por criterio social, eficiencia enerxética ou actuación integrada.
Prazo de solicitude: Ata o 30/09/2022, salvo esgotamento de crédito con anterioridade a esta data.