A Asociación de Empresarios da Terra de Melide recibe 4.000 euros de subvención nominativa por parte do Concello de Melide para diferentes gastos en actividades de promoción e dinamización do comercio local da vila que a entidade levou a cabo no último ano. Unha axuda económica que, dende a directiva da asociación empresarial da comarca, ven necesaria para que entidades como ASETEM «poidan seguir desenvolvendo o seu traballo que busca impulsar os pequenos establecementos», unha tarefa que beneficia ao pobo no seu conxunto.
A administración municipal melidense destinou 80.000 euros ás subvencións nominativas para os gastos xerais das asociacións locais no 2021, o que supón un 19% con respecto á cuantía do ano pasado (67.000 euros no 2020). Con estas axudas económicas as entidades melidenses poderán afrontar gastos xerais nun contexto social, sanitario e económico marcado pola COVID-19. As asociacións da vila que serán beneficiarias destas subvencións, con base nos orzamentos 2021 son:
- Cáritas parroquial de Melide: 9.000 euros en acción social.
- O Museo Terra de Melide: 8.000 euros.
- Asociación Catasol: 2.000 euros.
- Asociación de Empresarios da Terra de Melide: 4.000 euros.
- En promoción cultural:
- Coral Polifónica de Melide: 4.000 euros.
- Asociación Cultural Charamela: 4.000 euros.
- Asociación de Mulleres Rurais da comarca de Melide, Alecrín: 4.000 euros.
- Herba Grileira: 4.000 euros.
- Asociacións deportivas:
- A Escudería Melide MotoSport: 4.000 euros.
- Asociación deportiva Cerne: 4.000 euros.
- Asociación de cazadores Terra de Melide: 4.000 euros.
- Fútbol Club Cire Melide: 20.000 euros.
- Club Melide Fútbol Sala: 2.000 euros.
- Club Ciclista Melidense: 2.000 euros.
- Melide Veteranos: 1.000 euros.