Información do Programa Bono das Persoas Autónomas da Xunta de Galicia: (DOG 131, do 12/07/2021)

Beneficiarios:

  • Autónomos con antigüidade ininterrompida na actividade de máis de 42 meses, con facturación mínima de 12.000€ no 2020 e rendemento nwto reducido da actividade no IRPF de 2020 inferior a 30.000€.
  • Sociedades de calquera clase e comunidade de bens, cunha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización da actividade de máis de 42 meses; que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000€ no 2020; e rendemento inferior a 30.000€ (na base impoñible do imposto de sociedades, ou ben na suma do rendemento neto reducido da actividade no IRPF de todos os seus membros).
  • Quedan excluídas as persoas que cobrasen o bono das persoas autónomas en convocatorias anteriores.

Liñas de actuación subvencionables:

  • Serán subvencionables os gastos realizados entre o 01/01/2021 e o prazo máximo de xustificación establecido na resolución de conseción, e como máximo ata o 31/12/2021.
  • LIÑA 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: investigación do mercado, plan de marketing, plan de comunicación do negocio, plan de crecemento, plan de reorientación do negocio, plan de transformación dixital, plan de refinanciamento.
  • LIÑA 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: maquinaria, útiles e ferramentas, reforma do local do negocio, equipamentos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web, creación do logotipo do negocio e mobiliario.
  • Poderase solicitar unha subvención que inclúa ambas liñas, co límite máximo de 3.000€ de axuda polo conxunto de actividades subvencionables. Contía: 80% do investimento, co límite dos 3.000€ de subvención.

PRAZO DE SOLICITUDE: 12/08/2021

Enlace do anexo de solicitude: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23465222