O pasado 26 de abril, o vicepresidente de ASETEM, Rodrigo Fernández e o comercial de Envialia, Carlos Martín firmaron dito acordo na sede da asociación. O tecido empresarial e comercial da vila melidense está, dende o comezo da pandemia, a sufrir unha situación complexa na que todos os apoios son necesarios e importantes.
Con este convenio ASETEM vailles proporcionar aos asociados e asociadas as seguintes vantaxes no servizo de paquetería: recollida dos vultos nas propias tendas, para conseguir darlles maiores comodidades aos comerciantes; a recollida e entrega de paquetes será totalmente gratuíta para os socios, mentres dure a subvención coa que se pagan ditos gastos; o sistema de funcionamento é moi sinxelo, chega con que cada establecemento chame ao número de teléfono, que ASETEM- CCA lles proporcionou para esta tarefa, se identifiquen co seu nome comercial. Os envíos realizaranse na maior brevidade posible e con todas as garantías.
Este servizo con Envialia está dispoñible dende o sábado 1 de maio. Ademais, a Asociación de Empresarios da Terra de Melide seguirá mantendo a capacidade de enviar a través de Correos, polo que se algún establecemento quere ser usando este método pódeo seguir facendo.
A xerente da entidade, Pilar López, está convencida de que “este vai ser un servizo con boa acollida por parte dos nosos comerciantes, xa que é un servizo que nestes tempos precisan a miúdo e Asetem permítellelo facer de xeito gratuíto”. Por outra banda, López tamén valora positivamente as condicións do convenio de colaboración, debido a que “a recollida en tenda supón unha gran comodidade para os socios e socias porque lles evitar ter que desprazarse”.