A Asociación Sociocultural ASCM remata esta fin de semana a súa xira de visibilización da diversidade no Camiño de Santiago. SporTodxs é unha iniciativa de ASCM, unha entidade que traballa dende hai máis de 30 anos pola plena inclusión das persoas con diferentes capacidades, enmarcada no programa de O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

A asociación chegará este sábado ás 17:00 horas ao Cantón de San Roque (en Melide). Nesta visita invitarán á cidadanía a participar nas distintas actividades que sensibilicen sobre a realidade das persoas con diversidade funcional cos distintos camiños de Santiago como fío condutor. ASCM tamén fará entrega do premio á escola de danza Scene Ballet pola súa achega audiovisual no concurso SporTodxs XacobIN. Ademais, durante o acto haberá xogos virtuais para dinamizar o Camiño Primitivo e todas aquelas persoas interesadas en participar na andaina solidaria SporTodxsGalicia poderán inscribirse no posto habilitado.

A entidade comezou o seu camiño nas cidades de Pontedeume, Sarria e Vilalba, visitou Cee e Padron, e remata en Melide, Ourense e Redondela.