O Concello de Melide, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela lanza unha nova iniciativa de participación cidadá a través do programa Universitario de Maiores IV Ciclo, dirixido aos maiores de 50 anos do municipio.
Este proxecto leva por nome “Camiños de Coñecemento e Experiencia”, trátase dun espazo de encontro e formación entre a administración local e a universidade, mediante o cal as persoas de máis de 50 anos que queiran participar desfrutarán da aprendizaxe en diversas áreas de coñecemento: historia, música e medio ambiente, entre outras.
A formación deste programa desenvolverase en sesións de 90 minutos no Edificio Multiusos da vila, en horario de tarde dende as 16:30 ata as 18:00 horas. As sesións que se van impartir serán expositivas, interactivas e prácticas que se concretaran en visitas e concertos. Estas actividades celebraranse os días 7, 9, 12, 13, 14 e 15 de abril.
As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Melide en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas ata máximo o vindeiro 31 de marzo.