O Concello de Melide abre o prazo de inscrición para o curso de salvamento e socorrismo acuático organizado pola Deputación da Coruña. Esta formación vai dirixida a mozas e mozos desempregados con dezaoito anos cumpridos. Ao finalizar preparación completa os participantes recibirán un dobre certificado, que lles permitirá traballar tanto espazos acuáticos naturais como en instalacións deportivas. Ademais, como formación complementaria o alumnado aprenderá sobre o manexo do defibrilador semiautomático (DESA), e como preparación transversal aprenderá sobre a inserción laboral, sensibilización co medio ambiente e igualdade de xénero.
Para a realización deste curso hai seis prazas reservadas para a veciñanza de Melide, que pode facer a súa inscrición ata o 5 de febreiro ás 14:00 horas no departamento de orientación laboral do Concello. En canto á lugar da formación será no centro de formación de Cruz Vermella na cidade da Coruña.