OBXECTO
A Tarxeta intégranse na Campaña de Nadal en apoio do tecido social e económico do Concello de Melide.
O obxecto desta convocatoria é reactivar os sectores comercial e hostaleiro de Melide incentivando a compra de proximidade para a superación dos efectos económicos negativos derivados da pandemia provocada pola COVID-19.
Xunto á aprobación do paquete de axudas do PEL-Reactiva, a Concellería de Promoción Económica e Facenda do Concello de Melide en colaboracións con ASETEM pon en marcha unha iniciativa consistente na emisión de Tarxetas para o consumo nos negocios, establecementos comerciais e hostaleiros da Vila, contando co compromiso e colaboración de toda a cidadanía para a revitalización da actividade económica local.
As bases reguladoras da iniciativa Tarxeta MERCA EN MELIDE son as seguintes:
PRIMEIRA. CONTÍA DA TARXETA
A cantidade de bonos será de 750 unidades, por un valor de 50 € cada un.
O custo de adquisición para os cidadáns será de 30 euros, asumindo o Concello unha cantidade equivalente de 20 euros por bonos.
O importe de cada bono deberá gastarse nun único establecemento comercial ou de hostalaría.
SEGUNDA. DURACIÓN
O prazo para gastar as Tarxetas MERCA EN MELIDE desta primeira emisión, será do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 inclusive.
TERCEIRA. SOLICITUDE E PROCESO DE ADHESIÓN Á CAMPAÑA
Os establecementos localizados no Concello de Melide, interesados en participar, deberán cumprimentar e presentar na forma e prazo indicados na BASE QUINTA o documento de adhesión á campaña TARXETA MERCA EN MELIDE que estará a súa disposición na web do Concello de Melide e na web de ASETEM.
Posteriormente, serán requiridos para aportar a documentación seguinte:
- Fotocopia do NIF/CIF.
- Certificado do IAE
- Último recibo de autónomos
- Outra documentación: a organización resérvase o dereito de solicitar calquera outro documento que considere necesario.
CUARTA. FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZO DA SOLICITUDE
Forma: A solicitude de participación presentarase na sede de ASETEM
Prazo: O período de solicitude de adhesión á campaña por parte dos establecementos comerciais e de hostalaría interesados comezará o día 9 de novembro e rematá o 20 de novembro.
Posteriormente, na web do Concello de Melide na web de ASETEM publicarase o listado sectorizado con todos/as os/as participantes nesta campaña para facilitar aos usuarios/as a súa consulta.
QUINTA. OBRIGAS DOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS
A empresa adherida comprométese a:
- Aportar, en tempo e prazo, a documentación que lle sexa requirida dende o Concello ou ASETEM.
- Recibir e colocar os materiais informativos da Tarxeta MERCA EN MELIDE nun lugar visible do establecemento. Dito material consistirá:
- Bases da Iniciativa.
- Carteis Informativos.
- Facer un uso responsábel da Tarxeta MERCA EN MELIDE evitando o uso fraudulento dos mesmos.
SEXTA. CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS DOS BONOS
- Un total de 750 Tarxetas MERCA EN MELIDE por un valor individual de 50 €.
- O custo de adquisición da Tarxeta MERCA EN MELIDE para a cidadanía : 30 €
- Aforro: 20 €
- Nº de Bonos-Tarxeta: 750
- Se o importe é inferior ao importe da Tarxeta MERCA EN MELIDE, non se devolverá cambio algún en efectivo.
- As Tarxetas non son cambiables por diñeiro en efectivo.
- No caso de que se produza unha devolución do produto, o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, non sendo posíbel a devolución de diñeiro en efectivo.
- Número máximo de Tarxetas MERCA EN MELIDE por DNI ou NIE orixinal será de un, é un máximo de dúas Tarxetas por unidade familiar convivinte.
- Deberán presentarse a persoa co seu DNI/NIE orixinal.
- Non poderán adquirise Tarxetas MERCA EN MELIDE por medio de DNI/NIE de menores de idade.
- Data límite de uso das Tarxetas: 5 de xaneiro de 2021.
- A adquisición da Tarxeta MERCA EN MELIDE realizarase en ASETEM.
- A organización resérvase o dereito de solicitar calquera outro documento que considere necesario.
SÉTIMA. PROCEDEMENTO DE TROCO DAS TARXETAS MERCA EN MELIDE POR PARTE DOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS
Os locais participantes deberán achegar á ASETEM a TARXETA/S MERCA EN MELIDE que recibisen, e o tícket/s ou factura/s das compras correspondentes (sempre de data entre o 4 de decembro e o 5 de xaneiro).
ASETEM procederá ao aboamento das cantidades correspondentes a cada establecemento, mediante transferencia bancaria, que se realizará ata o 30 de xaneiro de 2021, na conta bancaria facilitada polo establecemento participante.
Non se aboarán Tarxetas falsificados ou que non permitan verificar a súa autenticidade, ou que veñan fora das datas, sen tickets ou facturas, ou que as mesmas non sexan das datas correspondentes.
O CONCELLO RESÉRVASE O DEREITO DE APARTAR PARA FUTURAS CONVOCATORIAS E DENEGAR A LIQUIDACIÓN DAS TARXETAS AQUELES COMERCIANTES NOS QUE SE DETECTE UN USO FRAUDULENTO E LUCRATIVO DA CAMPAÑA.