QUE É O PLAN DE APOIO AO SECTOR COMERCIAL GALEGO?

O Plan de Apoio ao Sector Comercial Galego 2014 é unha iniciativa financiada pola Consellería de Economía e Industria e desenvolvida polas cámaras de comercio de Galicia. Consiste nunha serie de programas, de carácter totalmente gratuíto para os comercios e emprendedores participantes, que persegue os seguintes obxectivos:

●  Mellorar a competitividade das PEMES comerciais galegas.

●  Promover a creación dun novo tecido comercial.

●  Favorecer a modernización dos negocios.

●  Fomentar o uso das novas tecnoloxías nos sistemas de xestión.

●  Apoiar o relevo comercial.

 

QUE PROGRAMAS E ACTUACIÓNS COMPRENDE?

           1.       Programa de asesoramento a novos emprendedores e servizos de xeomarketing comercial.

Con este programa preténdese fomentar a creación de novas pemes comerciais prestando asesoramento e apoio ao emprendedor na posta en marcha do seu negocio. Ademais, proporciónase un informe de xeomarketing que permite coñecer a área de influencia onde se queira abrir o comercio.

           2.       Programa de apoio ao relevo comercial.

Consiste en apoiar ás pequenas e medianas empresas comerciais a que continúen a súa actividade unha vez que os seus propietarios ou arrendatarios decidan abandonala.

Facilítase un estudo de viabilidade comercial do establecemento que contempla todos os aspectos relevantes do mesmo. Tamén se presta asesoramento aos interesados na transmisión do comercio e fáiselle un seguimento ao novo titular da peme comercial sobre técnicas de marketing.

           3.       Programa de iniciación ao comercio electrónico e redes sociais.

Permite participar en talleres de introdución ás redes sociais e ao comercio electrónico, que se celebrarán nas localidades de Santiago e Ribeira e que estarán enfocados a aumentar as vendas dos negocios mediante a utilización destas novas canles de comercializacións.

O obxectivo é axudar ás pemes comerciais a coñecer e aproveitar as oportunidades do comercio electrónico e das redes sociais.

            4.       Programa de asesoramento no punto de venda.

Ponse a disposición dos comercios un asesoramento personalizado, elaborando un completo diagnóstico da situación. Como resultado dese traballo, un consultor entrega un completo informe de propostas e recomendacións e realiza un seguimento da súa implantación.

 

QUEN PODE PARTICIPAR NESTES PROGAMAS DE APOIO?

Calquera PEME comercial ou emprendedor do sector do comercio de Galicia.

 

CANTO CUSTA?

Ten un carácter totalmente gratuíto, tanto para os comercios como para os emprendedores participantes.

 

CAL É O PRAZO?

A execución do programa finaliza o 30 de novembro de 2014. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de inscrición ata esgotar as prazas dispoñibles.

 

ONDE HAI QUE FACER A SOLICITUDE?

Na Cámara de Comercio de Santiago.

R/ San Pedro de Mezonzo, 44 baixo

Teléfono: 981 596 800

E-mail: aempleo@camaracompostela.com

Contacto: Isabel Garrido