O concello estuda ampliar o mercado dos domingos’, ‘O proceso que puxo en marcha o Concello de Melide para actualizar o censo de postos do mercado dos domingos podería rematar coa ampliación da feira dominical a unha rúa máis da vila. Así se fará, segundo confirmou o Concelleiro de Promoción Económica, Santos López, en caso de rexistrarse unha alta demanda de novas licenzas.

A administración local decidiu actualizar o censo de postos tras rexistrarse varias baixas e quedar numerosos espazos vacantes. Aproveitando a conxuntura, abriu tamén a posibilidade de solicitar cambio de posto e novas licenzas, para o que habilitou un prazo de 30 días naturais que rematou o 4 de decembro. Agora, tras analizar a demanda existente, o concello valorará se amplía o mercado, unha opción que en caso de levarse a cabo se faría “respectando sempre os comercios e os escaparates”, segundo explicou Santos López. O edil considera que a ampliación sería beneficiosa para o tecido económico da vila en xeral porque “alá onde chega o mercado, dinamiza a rúa e a actividade”.

 

Evitar a morosidade

Como parte da política de control financeiro desenvolvida polo goberno local, o concello aplicará dende agora tolerancia cero cos morosos. Os cambios con respecto ao mercado dos domingos afectan tamén á modalidade de pago polo aluguer dos espazos, que se efectuará a principios de ano a través dunha única cota. “Antes cobrábaselles semestralmente, pero detectamos moita morosidade”, sinala Santos López, “a partir de agora o que pague a principios de ano polo aluguer dos espazos, que se efectuará a principios de ano a través dunha única cota. “Antes cobrábaselles semestralmente, pero detectamos moita morosidade”, sinala Santos López, “a partir de agora o que pague a principios de ano poderá poñer o posto e o que non o faga, quedará fóra”.

Outra das actuacións consistirá en facilitarlles uns taboleiros de madeira aos vendedores que se sitúan na zona da alhóndiga para que deixen de poñer os seus produtos no chan e cumpran así coa normativa legal.